A historia deste concello está fortemente influenciada pola súa importancia no Camiño de Santiago.
A súa función de paso marcou a historia local. Pedrafita do Cebreiro formaba parte do itinerario das vías romanas; da estrada que conducía por Triacastela ao interior da antiga Galicia; despois do camiño de Santiago e Camiño Real, para converterse finalmente no século XIX na primeira vía moderna de acceso desde a meseta.
Pedrafita do Cebreiro constitúese como a entrada en Galicia do Camiño Francés.